
Product Description Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas. Book Description A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas. About the Author Miguel Ángel Alonso Diz (Madrid, 1976). Licenciado en Economía, compatibiliza o exercicio da docencia coa súa actividade literaria e con diversas colaboracións en Radio Allariz e en varios blogs. Ten participado en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal, así como na meirande parte dos festivais de poesía que se organizan en Galicia. É membro de A Porta Verde do Sétimo Andar, un dos impulsores dos Cadernos Q de Vián e colaborador en diversas publicacións. Tamén participou na organización e presentación do Poetry Slam Vigo. Destaca o seu labor como contacontos así como as súas colaboracións cos servizos de dinamización lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita. No ano 2012 deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso coa obra "O cullarapo Croque". Outros títulos seus son "A nena á que non deixaban ser feliz"; "O soño de Esther"; "O valente coello que quixo soñar" e "Mel, unha mosca agradecida". En 2017 obtivo o Premio Parauga
Page Count:
129
Publication Date:
2018-01-01
ISBN-10:
8491214097
ISBN-13:
9788491214090
No comments yet. Be the first to share your thoughts!