
Product Description Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día. "Luns", gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea. About the Author Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Publicou os seguintes libros: "nós escoitando o badalo de marienplatz" (2010), XII Premio de Poesía Concello de Carral; "rúa da cancela" (2009), IV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas; "María" (2013), I Premio de Poesía Figurante; "Anamnese" (2014), II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey; "Diario de fotogramas" (2014), Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes, Concello de Ribeira; "Remexido de patacas" (2014), XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo; "Doe tanto a túa ausencia" (2015), XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, Concello de Outes; "Bicha" (2015), XIIº Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, Deputación de Ourense; "Marta e a píntega" (2016), conto infantil; "Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno" (2
Page Count:
151
Publication Date:
2017-01-01
ISBN-10:
8491212019
ISBN-13:
9788491212010
No comments yet. Be the first to share your thoughts!