
Product Description «Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da "high art". Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal. Estás preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo? About the Author Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Publicou os seguintes libros: "nós escoitando o badalo de marienplatz" (2010), XII Premio de Poesía Concello de Carral; "rúa da cancela" (2009), IV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas; "María" (2013), I Premio de Poesía Figurante; "Anamnese" (2014), II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey; "Diario de fotogramas" (2014), Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes, Concello de Ribeira; "Remexido de patacas" (2014), XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo; "Doe tanto a túa ausencia" (2015), XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, Concello de Outes; "Bicha" (2015), XIIº Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, Deputación de Ourense; "Marta e a píntega" (2016), conto infantil; "Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno" (2016); "Luns" (Xerais, 2017), novela, I Premio Torrente Ballester para obras en galego da Deputación da Coruña, 2016; "Café intenso" (2017), I Premio de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón, "Culpable" (Xerais, 2017), IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente e "O ceo das reixas" (Xerais, 2019). Colabora na revista dixital de crítica literaria feminista
Page Count:
66
Publication Date:
2017-01-01
ISBN-10:
8491212949
ISBN-13:
9788491212942
No comments yet. Be the first to share your thoughts!