
Product Description «Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...» A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir. Book Description Primeiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. About the Author Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas «22 segundos» (2017) e «Memoria do silencio» (2019), o álbums ilustrado por Víctor Rivas «Dez gatiñas viaxeiras» con Víctor Rivas (2019) e «A lavandeira de San Simón» con Bea Gregores (2020). Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no Máster Universitario en Libro ilustrado e Animación audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño.Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, tales como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, Fundación Ankaria
Page Count:
36
Publication Date:
2020-01-01
ISBN-10:
8491217622
ISBN-13:
9788491217626
No comments yet. Be the first to share your thoughts!