
Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada. Ora ben, Isaac desenvolveu, ademais do xornalismo, todos os xéneros literarios (poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio). Unha poderosa e adversa razón histórica -a censura- provocou que unha parte significativa da súa escrita fose publicada no exilio en Bos Aires baixo o coidado de Luís Seoane. Caso diferente é o da obra poética, dispersa a través de revistas, follas soltas, libros, folletos ou inserida na dramaturxia e narrativa. A reunión de todos os textos poéticos publicados ao longo de máis de medio século (1955-2007) converte en excepcional esta xeira, amosando unha voz ben orixinal dentro da literatura galega.
Page Count:
184
Publication Date:
2021-03-11
ISBN-10:
8491218319
ISBN-13:
9788491218319
No comments yet. Be the first to share your thoughts!