
Product Description A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos. A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incribles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa. Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega. About the Author Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal. Dirixe «culturagalega.gal», a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, e é profesor de Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Como divulgador científico e histórico, leva promovido numerosos proxectos de posta en valor do patrimonio cultural e comisariado exposicións nas cales explora a confluencia entre cultura e tecnoloxía. Ensaísta e narrador, publicou «Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XXI» e os libros de ficción «Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia» (Xerais, 2013, 2015), «O anxo negro» (Xerais, 2016), «O exército de fume» (Xerais, 2018) e «Nus» (Xerais, 2021). Mantén o blog «Capítulo Cero» (www.capitulocero.org). (Foto do autor: Sole Felloza)
Page Count:
495
Publication Date:
2016-01-01
ISBN-10:
8499149855
ISBN-13:
9788499149851
No comments yet. Be the first to share your thoughts!