
Entre os dramaturgos máis renovadores da escena mallorquina dos anos noventa do pasado século cóntase Josep Pere Peyró (1959), actor, director e, sobre todo, autor teatral, A Biblioteca-Arquivo edita agora a súa peza Desertas. Deserto de paxaros. Pranto de paxaros (1996). Gañadora do premio ao mellor texto teatral da temporada 1996-97 conce dido pola Crítica de Barcelona, Desertas é unha peza de situación aparentemente realista que se transforma nun angustioso e inexplicábel pesadelo, de estrutura sinxela, cunha forte investigación nos diálogos, e un xogo intertex tual baseado no tema do "intruso", de Caín a Maeterlinck, integrando tamén continuos referentes das anteriores obras do autor.
Page Count:
128
Publication Date:
2002-01-01
ISBN-10:
8497490274
ISBN-13:
9788497490276
No comments yet. Be the first to share your thoughts!