
About the Author Ana Iglesias Álvarez (Vigo, 1973) é licenciada en filoloxía hispánica e filoloxía galego-portuguesa. Desde o inicio da súa actividade investigadora centrouse no ámbito da Socioloxía da linguaxe, en concreto na análise das actitudes e ideoloxías lingüísticas en situacións de linguas en contacto. A parte empírica da súa investigación desenvolveuna principalmente en Galicia, pero tamén noutras comunidades españolas, como Cataluña e Euskadi. Participou en numerosos congresos en varios países, e ten publicados diversos artigos en revistas especializadas, como Verba, Cadernos de Lingua, ou Estudios de Sociolingüística. Defendeu a súa Tese de Doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, co título Actitudes e ideoloxías lingüísticas a través do discurso: A situación en distintas comunidades de España. Dedícase así mesmo ó campo da Psicolingüística e forma parte dun grupo de investigación integrado na devandita Universidade, que ten como obxectivo a " Elaboración dun test (lingüístico) para avaliar déficit comunicativos en idade infantil ". Ademais, traballa actualmente como traductora-intérprete na Audiencia Provincial de Pontevedra. É autora de Falar galego: " no veo por qué ". Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galicia (Xerais 2003). Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como " Literatura galega medieval " (1992), " Manuel Antonio e a vangarda " (1996), " Xograres do mar de Vigo " (Xerais, 1998), " Historia da literatura medieval galego-portuguesa " (2002) e " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (Xerais, 2017). Pola monumental " Historia da literatura galega " (Xerais 2013, 2014 e 2016) mereceu o premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio e Investigación 2014, o Premio da Crítica Galicia de Investigación 2015 e o Premio Losada Diéguez de Investigación 2017.Como narrador publicou: " O reverso do espello "
Page Count:
344
Publication Date:
2008-04-18
ISBN-10:
8497827457
ISBN-13:
9788497827454
No comments yet. Be the first to share your thoughts!