
About the Author Manuel Rosales (Marín 1955) é doutor en Filoloxía Hispánica e catedrático de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Santa Irene de Vigo. Coautor do Manual de galego urxente (Xerais 1987), é tamén autor doutros manuais para o ensino, como Prácticas gramaticais (Xerais 1995) e Curso de lingua galega (Xerais 1996). Publicou en 1997 un estudio titulado A narrativa de Castelao. Xénese e desenvolvemento, adaptación da súa tese de douotoramento. Realizou diversos edicións críticas de obras de narrativa galega contemporánea, ademais de colaborar como crítico en publicacións como Grial, A Trabe de Ouro e Anuario de Estudios Literarios Galegos. A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual (Xerais 2002) é o seu últimolibro de ensaio. Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como " Literatura galega medieval " (1992), " Manuel Antonio e a vangarda " (1996), " Xograres do mar de Vigo " (Xerais, 1998), " Historia da literatura medieval galego-portuguesa " (2002) e " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo (Xerais, 2017). Pola monumental " Historia da literatura galega " (Xerais 2013, 2014 e 2016) mereceu o premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Ensaio e Investigación 2014, o Premio da Crítica Galicia de Investigación 2015 e o Premio Losada Diéguez de Investigación 2017.Como narrador publicou: " O reverso do espello " (Xerais, 1984), " Para despois do adeus " (Premio Xerais, 1987), " Paixóns privadas " (Xerais, 1991), " A era de Acuario " (Xerais, 1997), " Fado de princesa " (2005), " A batalla do paraíso triste " (Xerais, 2008) e " Como en Alxeria " (Xerais, 2012). Asesor literario do suplemento Faro da Cultura e columnista do " Faro de Vigo ", son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: " Na noite estrelecida " (Xerais, 1988), " Da terra asoballada " (Xerais, 1989), " No desterro " (Xerais, 2010)
Page Count:
360
Publication Date:
2009-05-07
ISBN-10:
8497829719
ISBN-13:
9788497829717
No comments yet. Be the first to share your thoughts!