
Product Description O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. About the Author Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís " Sari soñador de mares " (2006) e " Rinocerontes e quimeras " (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por " O carteiro de Bagdad ", novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por " O canto dos peixes " (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela " O pintor do sombreiro de malvas " (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por " Palabras de auga " (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou " Unha casiña branca " (Xerais, 2015). En 2011 publicou " Lois Pereiro. Náufrago do paraíso " (Xerais 2011) e " Centauros do norte " (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía " El samurai del rey " (2010-2011). A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: " Festin
Page Count:
147
Publication Date:
2012-01-01
ISBN-10:
8499144411
ISBN-13:
9788499144412
No comments yet. Be the first to share your thoughts!