
Náufragos en terra está constituído por seis relatos, " A presencia ", " Cari ", " Antes do naufraxio ", " Fin de semana ", " Os cumios da serra ", " Saudade con botella e velador " que son outras tantas historias de amores imposibles, de encontros fortuítos, de almas xémeas en camiños que nunca se chegan a encontrar. Este fermoso libro de relatos conmoverá ós lectores tanto pol profundidade da análise da condición humana de cada unha das parellas protagonistas como pola sinxeleza na construcción de cada unha das historias. Martínez Oca demostra a súa habelencia narrativa, o seu dominio dos recursos expresivos e dos diferentes rexistros léxicos, que caracterizan toda a súa producción narrativa, e que nestes " amores imposibles " acadan cotas de auténtica mestría.
Page Count:
149
Publication Date:
1995-01-01
ISBN-10:
8475079067
ISBN-13:
9788475079066
No comments yet. Be the first to share your thoughts!