
Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificada, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza. *Galileo no espello da noite* é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Sen esquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración -escrita desde a poderosa vocación estilística de Xabier Paz- vai compoñendo o tapiz dunha traxedia: canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan as ameazas dos rivais e inimigos.
Page Count:
328
Publication Date:
2019-06-13
ISBN-10:
8491215549
ISBN-13:
9788491215547
No comments yet. Be the first to share your thoughts!