
Product Description Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a súa paixón por África converteuse no referente dunha existencia chea e dorida. As visitas da súa neta actúan como o catalizador de inesperados procesos íntimos. Casiano debulla recordos para compoñer a esquecida historia da súa nenez e puberdade. Desde a chegada da Coca-Cola até a traizón da Transición, é retratada unha época que case todos queren esquecer. Na lembranza desfilarán as angueiras de Nito, un neno de anómalo e lento medrar, a súa perplexidade ante a rareza, a dor da diferenza, a educación relixiosa, a perda da inocencia, o asalto da sexualidade... Aldara recibe estrañada as disertacións do avó, visita tras visita, desde a historia de Papá Noel até a termodinámica da vida, desde a literatura até as vantaxes da morte. Unha desolada lucidez, non exenta de humor, percorre o texto desta novela na voz do narrador. As vidas de Nito é unha novela escrita cun enorme poder evocativo e cunha vontade estilística arrebatadora. About the Author XABIER PAZ (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes. Como escritor, publicou as novelas Renacer (Xerais, 2008), As vidas de Nito (Xerais, 2013), A galera de Xelmírez (Xerais, 2015), Aníbal e a Pintora (Xerais, 2017) e Galileo no espello da noite (Xerais, 2019), así como os poemarios Sedimentos (2001), No canto do mar (2005), Materia de Lucrecio (Xerais, 2006) e Filoxenia do san
Page Count:
400
Publication Date:
2013-04-01
ISBN-10:
849914487X
ISBN-13:
9788499144870
No comments yet. Be the first to share your thoughts!