
Product Description Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios. Coa aparición desta edición da súa Poesía completa, que fai pública unha abundante e descoñecida obra poética inédita, a figura literaria de Valentín Paz-Andrade cobra unha nova dimensión. Inclúense neste volume, preparado por Gregorio Ferreiro Fente, ademais da totalidade dos textos xa coñecidos, unha copiosísima obra inédita que o autor foi construíndo, con empeño e inspiración, durante case corenta anos ininterrompidos de labor poético. Entre esta obra destacan, pola súa transcendencia dentro do sistema literario galego, varios poemarios completos que escribiu durante os anos da Guerra Civil española. About the Author Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo 1987) foi poeta, avogado, xornalista e home de empresa vinculado á política galeguista. Personalidade multifacética, fixo de Galicia a súa tarefa. Licenciouse en Dereito en 1921 e participou na creación do xornal Galicia (1922), do que foi director. Exerceu a avogacía, asesorando a Sociedade de Armadores de Bouzas (1927) e ligándose á revista Industrias Pesqueras. Durante a República participou na redacción do anteproxecto de Estatuto de Galiza. Tras o alzamento militar foi desterrado a Verín, onde comezou a escribir poemas en galego. Foi un dos fundadores da empresa Pescanova (1960), da Feira Mundial da Pesca de Vigo (1973), e recoñecido especialista internacional en temas pesqueiros. Como poeta, ata o de agora, só era coñecido por tres títulos: Pranto matricial (1955), Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1977). Nesta Poesía completa, da man de G
Page Count:
748
Publication Date:
2012-01-01
ISBN-10:
8499143415
ISBN-13:
9788499143415
No comments yet. Be the first to share your thoughts!