
Product Description Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes? About the Author Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos "A cidade dos desexos", o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron "As flores radioactivas" (1990), novela, Premio Merlín 1989; "Contos por palabras" (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; "Rapazas" (1993), relatos; "Trece anos de Branca" (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; "Cartas de inverno" (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; "Amor dos quince anos, Marilyn" (1995), novela; "O centro do labirinto" (1997), novela; "O laboratorio do doutor Nogueira" (1998); "Cos pés no aire" (1999), novela, Premio Raíña Lupa; "Aire negro" (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; "No corazón do bosque" (2001), novela; "Un tren cargado de misterios" (2001), conto; "Noite de voraces sombras" (2002), novela; "A praia da esperanza" (2003), conto; "O meu nome é Skywalker" (2003), novela, Premio Barco de Vapor; "Tres pasos polo misterio" (2004), relatos; "Fantasmas no corredor" (2005), conto; "Corredores de sombra" (2006), novela, Premio Frei Martín
Page Count:
168
Publication Date:
2013-03-01
ISBN-10:
8499144926
ISBN-13:
9788499144924
No comments yet. Be the first to share your thoughts!