
From the Back Cover Trátase dunha novela coral na que se cruzan personaxes dispares observados desde un igualador ángulo límite. A cama é un obxecto que gaña co claroscuro. Os pacientes dun hospital saben que a intimidade se desprende ao xeito dunha gran carapola, ao tempo que van nacendo moitas emocións lentas e algunha que outra vertixinosa. Un ataque de indignación e imbecilidade pode chegar a consumir trescentas calorías. A pituitaria e a amígdala son dúas grandes descoñecidas. O frío é branco porque as sinestesias suceden; ademais, non é verdade que a auga sexa insípida: sabe a sede. E por suposto, hai partes do corpo que nin sequera sospeitamos que existen. Os personaxes masculinos olen a carballo rebolo; os femininos, a figueiras novas e a tinta roubada. A cámara enfoca os seus rostros e convérteos en personaxes contrapicados, secundarios ou relevantes, imperfectos ou sublimes, pequenos cameos que saen ao paso dun narrador omnisciente e irresponsable que abandona as súas funcións. A súa memoria é unha ollada impresionista que, con pinceladas breves, nos recorda que calquera tempo pasado foi moi mellorable.
Page Count:
207
Publication Date:
2012-01-01
ISBN-10:
8478246223
ISBN-13:
9788478246229
No comments yet. Be the first to share your thoughts!