
Product Description Nos tempos da Habana, gardamos sempre unha fotografía da estación; nela estamos Andrea e mais eu; a miña irmá cos ollos de chorar e os labios enfuciñados. Sempre me acordou o por que. Na mañá e na tarde do Norte, as Mikado do tren correo cruzábanse co Coreano e co Ferrolán, os trens das peixeiras e dos obreiros. O chifro pronunciado anunciaba que as dúas vellas Catrocentas iniciaran xa a dura costa que leva desde as cores vergoñentas da ría ata os andéns alongados do Arrabaldo. About the Author Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como "Literatura galega medieval" (1992), "Manuel Antonio e a vangarda" (1996), "Xograres do mar de Vigo" (Xerais, 1998) ou "Historia da literatura medieval galego-portuguesa" (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, "O reverso do espello" (Xerais, 1984), "Para despois do adeus" (Premio Xerais, 1987), "Paixóns privadas" (Xerais, 1991), "A era de Acuario" (Xerais, 1997), "Fado de princesa" (2005), "A batalla do paraíso triste" (Xerais, 2008), "Como en Alxeria" (Xerais, 2012) e "Todas as vidas" (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: "Na noite estrelecida" (Xerais, 1988), "Da terra asoballada" (Xerais, 1989), "No desterró" (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, "Ramón Cabanillas. Poesía galega completa" (Xerais, 2009).
Page Count:
197
Publication Date:
1987-01-01
ISBN-10:
8475072976
ISBN-13:
9788475072975
No comments yet. Be the first to share your thoughts!