
Product Description Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, para esclarecer un roubo que pode cambiar o curso da historia da Península Ibérica e alén dos Pireneos. About the Author Pere Tobaruela (Barcelona 1965), vive actualmente en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais ten publicados o libros: " Vouvos papar " (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; " A cripta do apóstolo " (2010), novela xuvenil; " Poñente " (Xerais, 2011); " O códice do Santo Lugar " (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie " Formig4s " dirixida ao público infantil.
Page Count:
161
Publication Date:
2013-01-01
ISBN-10:
8499144624
ISBN-13:
9788499144627
No comments yet. Be the first to share your thoughts!