
Product Description FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. "Misión Tokyo" leva os FORMIG4S á capital do Xapón. O caso empeza co DOUTOR PAUMAO nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade. Que tramará desta vez o científico? About the Author Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, ademais de «Mariña e o balón» (2020), ten publicados estoutros libros para público infantil e xuvenil: «Vouvos papar» (2008), escrita en colaboración con Luz Méndez; «A cripta do apóstolo» (2010) e «O códice do Santo Lugar» (2013). Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con cinco títulos. Andrés Meixide (Vigo, 1970). Deseñador e ilustrador. A súa obra como ilustrador está publicada en diversas editoriais. Foi premiado no ano 2006 co The White Ravens. En Xerais ten editados os seguintes títulos: «O patadón», «Cando os animais falaban», «Xan e Pericán», «O tesouro da lagoa de Reid'Is», «Tarzán de goma», «A señorita Bubble», «A señorita Bubble. Aventura baixo cero» e «Xelís, o guieiro das botellas de mar». É coautor, xunto con Pere Tobaruela, da serie «Formig4s» dirixida ao público infantil, que xa conta con cinco títulos publicados.
Page Count:
105
Publication Date:
2017-01-01
ISBN-10:
8491212094
ISBN-13:
9788491212096
No comments yet. Be the first to share your thoughts!