
Product Description Judit é unha nena a piques de facer os doce anos que debuxa moi ben. Vive con súa nai e co seu avó en Xenebra. O pai, un famoso pintor, marchou para Hungría cando era pequena. Mentres Judit se está a preparar para participar nun concurso de debuxo, o xadrez crúzaselle inesperadamente no camiño e comeza a afeccionarse. Judit xogará moitas partidas, pero unha delas vaille cambiar a vida. O seu contrincante será Mr. Aliyat, un estraño mestre do xadrez, nacido en Irán, que se comunica con ela a través de enigmáticas notas. About the Author Ricard Ruiz Garzón (Barcelona, 1973) é escritor, columnista e profesor na Escola de Escritura do Ateneo Barcelonés e no Máster en Edición da Universidade Pompeu Fabra. Gañador de premios como o Miradas 2006 por Las voces del laberinto (Plaza & Janés / Debolsillo) e o Ramón Muntaner 2016 por Herba negra (Fanbooks, con Salvador Macip), é autor de media ducia de libros, como os da serie xuvenil Guardianes de Sueños (La Galera, con Álex Hinojo) e os álbums infantís El mejor regalo del mundo (Pirueta) e ¡Menuda cabeza! (Nandibú). Tamén exerceu como antólogo en obras como Mañana todavía (Fantascy) ou en El riesgo (:Rata_), amais de participar en media ducia de volumes de relatos. De 1996 a 2016 traballou como periodista e crítico literario con seccións propias en El País («Babelia»), El Periódico («Libros», «iCult»), en Cadena SER (A vivir que son dos días), TV3 (Els Matins, Via Llibre), Time Out, Qué Leer, BTV, RAC-1, la COM, Catalunya Ràdio e RNE. @ricruizgarzon https://www.facebook.com/RicardRuizGarzon
Page Count:
192
Publication Date:
2017-01-01
ISBN-10:
8483495406
ISBN-13:
9788483495407
No comments yet. Be the first to share your thoughts!