
Product Description Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre. About the Author Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provi
Page Count:
228
Publication Date:
2016-01-01
ISBN-10:
8499149839
ISBN-13:
9788499149837
No comments yet. Be the first to share your thoughts!