Product Description

A historia comeza nunha montaña sagrada da fronteira, seguindo o rastro dun vello castelo, do que non queda memoria. E remata cando o protagonista decide vivir, durante algunhas semanas, nun edificio singular que é tamén hospedaría. Pouco a pouco, vai coñecendo o pasado da familia, un universo de suxestións, onde a forma de mirar -e de ser mirado- son quizais o máis importante. Un libro no que, en parte, se respira a atmosfera de autores europeos como Sebald ou Magris. E tamén un exemplo da relación entre o escritor e o seu contorno que nos serve para redescubrir o interior de Galicia.

About the Author

Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre» e «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)
Page Count:
275
Publication Date:
2016-01-01
ISBN-10:
8491210938
ISBN-13:
9788491210931
No comments yet. Be the first to share your thoughts!