Product Description

A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor.

Book Description

Un álbum que fala dos estereotipos de xénero cun dos mellores instrumentos: o humor.

About the Author

David Pintor (A Coruña, 1975). Humorista gráfico, ilustrador e pintor. Recibiu, entre outros, os premios Andersen 2015 e Nami Island 2013, o premio da Society of News Design, o Pura e Dora Vázquez de ilustración, o Premio Internacional Clermont-Ferrand, o Premio Ilustrador do Ano Città del Sol e o 2º Premio da Feira do Libro de Sharjah (Dubai). Foi finalista dos CJ Picture Book Awards (2011) e figura na lista The White Ravens (2009, 2011 e 2014). Foi seleccionado en varias edicións da Bienal de Bratislava e da Feira Internacional de Boloña. En Xerais, é coautor dos seguintes títulos: «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Desde unha estrela distante» (2013) e «Cámbiache o conto» (2016), e autor do álbum ilustrado «(Non) a todas as nenas lles gusta o rosa» (2022). http://www.davidpintor.com

Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora dos álbums «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2018), ilustrado por Nuria Díaz, e «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2019), con ilustracións de Abi Castillo.
Page Count:
32
Publication Date:
2022-01-01
ISBN-10:
8411101738
ISBN-13:
9788411101738
No comments yet. Be the first to share your thoughts!