
Almanaque musical contén doce poemas, un para cada mes do ano, nos que o fío condutor é a música clásica, cos intérpretes dunha peculiar orquestra de intrumentos de corda. Os versos de Antonio Rubio evocan o tempo, o pentagrama, a batuta, a ritmo de valse e alalá, sinfonía, tocata e romaría. Cos seus inseparables violíns, violas e violonchelos, e elegantemente conxuntados, os músicos que retrata David Pintor adoptan posicións e situacións divertidas, fóra do habitual contexto dunha sala de concertos. Uns de aparencia humana e outros do reino animal, forman un grupo fantástico que para si quixeran os mellores compositores.
Page Count:
32
Publication Date:
2011-12-28
ISBN-10:
8484647765
ISBN-13:
9788484647768
No comments yet. Be the first to share your thoughts!