
Baía Edicións saca ao mercado unha nova colección de contos para nenos e nenas de educación infantil, a colección CEMPÉS, para que os máis pequenos se recreen nun mundo de historias e imaxes que potencien a súa fantasía. Neles, a imaxe é tan ou máis importante que a letra en si. Especialmente pensados para ler e mirar en familia. Wapiti vivía nunha casiña redonda, unha casiña de xeo, un iglú. Pero a medida que foi medrando e aprendeu a andar, a casa foille quedando pequena... Así empeza a historia da relación de Wapiti coas casas e o mundo.
Page Count:
31
Publication Date:
2008-01-01
ISBN-10:
8496893685
ISBN-13:
9788496893689
No comments yet. Be the first to share your thoughts!