Product Description

Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista... Camiñante polos vieiros da terra e autor teatral, Manuel María (o primeiro mozo que publicou unha obra en galego despois da Guerra Civil) foi, sobre todo, un poeta que saloucaba cando vía unha estrela. O volume complétase cunha cronoloxía da vida e obra, ademais dunha antoloxía de poemas, «Ferrados de corazón», do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

About the Author

Manuel Veiga Taboada (Monforte, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario " A Nosa Terra " , periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela " O exiliado e a primavera " e, en 2006, o Manuel García Barros con " Lois e Helena buscándose un día de tormenta " . Outras obras súas son " O profesor de vegliota " , novela (Xerais, 2008), " Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico " (Xerais, 2012) , " O pacto galego na construción de España " , " Manuel María, buscando un país " (Xerais, 2016) e " Todo ser humano é un río " (Xerais, 2016). (Foto autor: Antonio Gutiérrez)

Exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña, Terrassa e novamente Ferrol. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Actualmente está xubilado. Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, da que pertenceu ao seu secretariado nacional moitos anos, foi presidente no período 2004-08 e actualmente vicepresidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal d
Page Count:
128
Publication Date:
2016-01-01
ISBN-10:
8491210199
ISBN-13:
9788491210191
No comments yet. Be the first to share your thoughts!