Product Description

Chíos de paxaros, vento entre as árbores, murmurios nas fontes, nos montes... Cantiga marabillosa! Só cómpre, como fixo Antón, o protagonista deste conto, deterse un chisco e escoitar a música da natureza. Mais, atención! Esta melodía ás veces tamén pode facerche graves confidencias. Mesmo reclamar a túa axuda para salvar o Mundo! Un libro-disco escrito e narrado por Xurxo Souto e musicado por Lalo Carnota.

About the Author

Lalo Carnota (A Coruña, 1968), músico e compositor, imparte clases na Escola Municipal de Música da Coruña e foi membro de varios grupos e proxectos musicais como Casi Casi ou Jazz Skills. No ámbito da didáctica, e autor de varios manuais de guitarra, baixo e teoría musical, e súa foi a concepción do libro-disco A Terra Queima (Xerais, 2013), escrito e narrado por Xurxo Souto e musicado por el. A súa páxina web é www.lalocarnota.com.

Xurxo Souto (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Preguntou un chisco e agromaron pola contorna todos os océanos. Dende entón só aspira a compartir, polo medio que for, tanta descuberta. Primeiro unha novela: O retorno dos mariños (Xerais, 1999). Deseguido, con Os Diplomáticos de Monte-Alto, gravou o cd Capetón (1999), nome en galego do mar de Cape Town, na fin da África. Dirixiu o programa Mil Ribeiras (Radio Galega, 2006). No 2014 apareceron os Contos do mar de Irlanda (Xerais). E, ao ano seguinte, un dos relatos do libro converteuse nun documental: Dos gaiteiros do mar (con Daniel Lavesedo e Martín Rodas). Agora reencóntrase con Mercedes. Aquela rapaciña do Peruleiro que, hai case vinte anos, lle aprendeu a mirar os homes mariños da auga do Orzán.

María José Barreiro (A Coruña, 1982). A súa vocación sempre estivo vinculada ao mundo do debuxo e do deseño. En consecuencia, tras catorce anos garabateando en xornais e calquera anaco de papel dispoñible, decantouse por cursar Técnico Su
Page Count:
56
Publication Date:
2013-11-19
ISBN-10:
8499145604
ISBN-13:
9788499145600
No comments yet. Be the first to share your thoughts!