
Product Description A aparición de "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou. Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, mergúllanos nos poemas para analizalos desde unha óptica persoal, organizándoos en tres partes «Poesía de parapeto», «Birimbao: poemas de mí para ti» e «Memorias de mis caminos». O libro tamén incorpora documentos en prosa de Celso Emilio Ferreiro e sobre Celso Emilio Ferreiro, froito dun proceso de intensa pesquisa en arquivos e hemerotecas, e inclúe ademais diversos apéndices documentais e fotográficos. Corenta anos despois do falecemento do autor de "Longa noite de pedra", este libro confirma que esa luz da súa poesía, «o lume que alampea», leva inserida unha forza tan enorme que é capaz de transcender o tempo. Book Description A aparición de "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" supón un verdadeiro acontecemento literario. About the Author Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949, publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man en man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu "Viaxe ao País dos Ananos" (196
Page Count:
213
Publication Date:
2020-01-01
ISBN-10:
849121626X
ISBN-13:
9788491216261
No comments yet. Be the first to share your thoughts!