Product Description
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai. Nena e o mar é unha novela circular e coral, unha aventura de esperanza e valentía, onde todo, absolutamente todo, é posible; mais onde tamén se poden saborear a ritmo pausado todos os ingredientes da vida nunha vila mariñeira e profundar nas historias dos seus vellos mariñeiros.
About the Author
Érica Esmorís (A Coruña, 1977) naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís «O poder de Amabel» (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, e «Ulises e as cronoamigas» (2015). Coa novela «Nena e o mar» (Xerais, 2015) gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil. Outros títulos da autora son «Quen salva un can» (Xerais, 2019) e «Patio de luces» (Xerais, 2020).

Dani Padrón (Ourense, 1983) estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior da Coruña. Tras un breve contacto cos mundos da caricatura e da banda deseñada, nos que gañou algún premio, inicia o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no
Page Count:
179
Publication Date:
2015-01-01
ISBN-10:
8499149448
ISBN-13:
9788499149448
No comments yet. Be the first to share your thoughts!