
Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala. No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e outra vez, un conto popular que suxire maltrato. Novela negra, se por negra entendemos a violencia de xénero que a percorre. En 2001 Marilar Aleixandre gañou con ela a primeira edición do Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Un texto que Baía recupera agora nunha edición ampliada.
Page Count:
140
Publication Date:
2022-05-09
ISBN-10:
8499953964
ISBN-13:
9788499953960
No comments yet. Be the first to share your thoughts!