
<b>Un libro esencial na obra dun poeta con voz senlleira.</b><br><p>O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se volve orientar. <i>O pan da tarde</i>é a celebración dese reencontro. Xavier Rodríguez Baixeras deténse a mirar o que existe en perpetua mutación. Desde un tempo precario, con fervor, busca o fondo no que se depositan as palabras, o pouso que a vida non sabe devolver. A plenitude que desacouga, o que retorna pero nunca se deixa apreixar. </p>
Page Count:
54
Publication Date:
2016-03-10
ISBN-10:
8498655730
ISBN-13:
9788498655735
No comments yet. Be the first to share your thoughts!