
O plástico é un potente símbolo de modernidade, pero tamén das súas contradicións. A batalla contra o plástico xa está en andamento, mais, con tantas dúbidas e sobreinformación, ás veces queremos facer as cousas mellor e non sabemos como . Adeus, plástico! explica o panorama actual con cifras e datos chave, deixa ao descuberto o problema dos plásticos de usar e desbotar ( para o ambiente e tamén para a saúde), as consecuencias da obsesión pola reciclaxe e as alternativas posibles, e está inzado de consellos prácticos para cambiar os nosos hábitos e reducir os refugallos en todos os aspectos da nosa vida cotiá .<br/>Unha guía para ler, reler, subliñar, ter á man para consulta e chegar sempre á mesma conclusión: reducir é o R máis importante de todos e o noso futuro e o do planeta pasan por deixar de usar plástico até chegarnos aun refugallo case cero.
Page Count:
240
Publication Date:
2021-11-16
ISBN-10:
8412249992
ISBN-13:
9788412249996
No comments yet. Be the first to share your thoughts!