
Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998 ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Neste volume ―onde tamén atopamos poemas inéditos― acompañamos o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século. A herba de namorar é un libro vello e novo ao mesmo tempo, un libro resultado de antologar, en palabras da autora, “aqueles poemas que salvaría se só puidese escoller eses”.
Page Count:
140
Publication Date:
2019-01-01
ISBN-10:
8491513949
ISBN-13:
9788491513940
No comments yet. Be the first to share your thoughts!