
Product Description "Soños. Arquivos. Cartas" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. "Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, "Soños. Arquivos. Cartas" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas. Book Description "Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. About the Author María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) publicou os libros de poemas "O estadio do espello" (Xerais 1999); "(nós, as inadaptadas)" (2001); "Non queres que o poema te coñeza" (2004); "Os hemisferios" (2006); a escolma "Objetos perdidos" (2007), en versión galego-castelá; "Cuarto de outono" (2008
Page Count:
73
Publication Date:
2018-01-01
ISBN-10:
8491213325
ISBN-13:
9788491213321
No comments yet. Be the first to share your thoughts!